O CIMIX é un lugar perfecto para o teu evento en Narón, un referente patrimonial e histórico cunha situación privilexiada e unhas vistas excepcionais sobre a contorna natural do río Xuvia.
Trala súa recente rehabilitación arquitectónica e transformación en centro de interpretación conta con varios espazos onde poder celebrar diferentes eventos (reunións, presentacións, conferencias, obradoiros, cursos, reunións, xuntas, concertos, recepcións, cóctel, rodaxes, etc.). As actividades poden completarse con visitas guiadas ao centro de interpretación e a súa contorna.
Ponte en contacto connosco para coñocer os detalles, no enderezo electrónico info@cimixnaron.gal ou no teléfono 0034 624 596 226.

SALA POLIVALENTE
Espazo multiusos localizado na planta superior da antiga vivenda do muíño, con conexión directa, independente e accesible co vestíbulo e recepción. É un espazo diáfano, amplo e luminoso, con fiestras a ambos lados, para a rúa e para o río.
SALA DO MUÍÑO E SALA DE BUCAU
Un espazo máis íntimo e impactante, sobre as augas do Xuvia, con cristaleiras que permiten ver correr a auga do río baixo os nosos pés. Os históricos muíños, o mellor escenario.
PATIO DISTRIBUIDOR
O vestíbulo do centro de interpretación, antigo patio de traballo, é un bo lugar para as recepcións, cóctel, pausa café ou retirada de acreditacións.
OUTROS ESPAZOS
Contamos con outros lugares que poden adecuarse ao que estás buscando para o teu evento, gravación ou outras accións.
Descúbreos por ti mesmo/a!