Se es un centro educativo e queres visitarnos deberás facer unha reserva con antelación.
Cubre o seguinte formulario!
Con este caderno podedes preparar as vosas visitas dunha forma sinxela e divertida.
A viaxe comeza na aula!
Ofrecemos diferentes actividades e visitas adaptadas a cada idade e nivel de ensinanza.
Queremos deixar pegada para o futuro!
O CIMIX ofrece un servizo didáctico de visitas guiadas dirixidas a centros educativos, adaptadas a todos os niveis de ensinanza, desde a educación infantil ata a secundaria.
Durante a visita, os estudantes terán a oportunidade de coñocer a historia deste complexo arquitectónico, a importancia da familia Lestache e o impacto que tivo na construc¡ción da nosa historia. Unha experiencia enriquecedora que achega á xuventude ao patrimonio cultural e industrial da antiga Terra de Trasancos.
DO GRAN AO PAN | INFANTIL
Aprenderemos o proceso de elaboración do pan.
MOE QUE MOE | INFANTIL, PRIMARIA E SECUNDARIA
Realización dun percorrido histórico desde as primeiras civilizacións ata a época industrial.
REPICANDO | PRIMARIA
Creación da réplica dunha moa do muíño con pasta de modelar para ilustrar os sucos por onde pasaba o gran para ser moído.
ENTRE LIÑAS| SECUNDARIA E ADULTOS
Obradoiro de investigación a modo de competición por equipos.