RESERVAS RESERVAS

Cómo chegar

Chegar ao CIMIX é sinxelo e cómodo: podes facelo en coche ou autobús e deixar o tempo no aparcadoiro público e gratuíto, situado a só 200 metros.

Aparcadoiro 1

Aparcadoiro 2

Para chegar ao CIMIX, podes poñer este enderezo no teu mapa online: Aldea San Roque, 8, 15570 Narón, A Coruña. Ou se prefires, usa estas coordenadas: 43.51712, -8.15204.
E se che apetece unha aventura, anímate a vir andando polo Camiño Inglés ou pola fermosa Ruta dos Muíños de Xuvia. Un paseo que mestura natureza e historia e que non vas esquecer.

Desde Ferrol

Desde A Coruña

Transporte público

Bus urbano:
Liña A Porto-Puntal de ALSA. Percorre a Estrada de Castela até Neda. Saída do porto de Ferrol. As paradas máis próximas son as de Santa Rita de Xuvia, tanto para chegar como para retornar.

Outras liñas de bus:
Ás paradas da ponte (unha vez cruzas, xa en Neda), chegan buses da Coruña (Monbus XG871). Algunhas frecuencias teñen tamén paradas en Fene, Pontedeume, Cabanas, Ares, Mugardos, Miño e Betanzos. 

Tren:
Á estación de Xuvia chegan e saen trens de/para Ferrol, San Sadurniño e Ortigueira.