O Muíño de Xuvia celebra este mes de novembro o segundo aniversario da súa apertura ao público como centro museístico, que tivo lugar o 21 de novembro de 2024. Para conmemorar esta data, organizamos unha actividade especial, Os segredos da moenda, que permitirá ás persoas visitantes achegarse á historia desta histórica fábrica e descubrir de primeira man o proceso tradicional da moenda.
A proposta desenvolverase durante as fins de semana do 14 e 15 e do 21 e 22 de novembro e estará composta por dúas actividades. A primeira consistirá nunha visita guiada polas instalacións do complexo industrial, que permitirá coñecer espazos como a vivenda da familia fundadora, a fábrica de fariñas, o antigo peirao e a pasarela sobre o río Xuvia.
A segunda estará dedicada a comprender o funcionamento do mecanismo de moenda mediante unha proxección audiovisual, que se complementará cun obradoiro práctico de moenda tradicional, no que as persoas participantes poderán experimentar en primeira persoa a transformación do gran en fariña con muíños de man.
As persoas interesadas en participar poden consultar os horarios e realizar a súa reserva a través da sección de reservas desta páxina web.

