RESERVAS RESERVAS

Volve a visita nocturna!

O vindeiro mes de agosto volvemos abrir as portas do Muíño de Xuvia nun horario pouco habitual coa celebración dunha nova edición de Noite no Muíño.

A través desta visita guiada nocturna, convidámosvos a trasladarvos a unha noite de verán do século XVIII para descubrir como funcionaba un dos complexos industriais máis destacados da Galicia da Ilustración.

Durante o percorrido coñeceredes a historia da antiga Real Fábrica de Fariñas de Lestache, a súa maquinaria e o papel que desempeñou no desenvolvemento industrial da comarca. A iluminación, o son da auga e o ambiente nocturno contribuirán a recrear o contexto no que o muíño desenvolveu a súa actividade hai máis de dous séculos, ofrecendo unha forma diferente de achegarse ao patrimonio industrial.

As visitas levaranse a cabo todos os sábados de agosto ás 23:00 horas, terán unha duración aproximada dunha hora, estarán dirixidas ao público xeral e contan con prazas limitadas.

Se queredes vivir esta experiencia, xa podedes formalizar a vosa inscrición a través da plataforma de reservas da nosa páxina web.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *