RESERVAS RESERVAS

Almorzo e sesión de pintura no peirao!

Este 11 e 12 de xullo inauguramos a nosa programación especial de verán cunha proposta pensada para gozar do Muíño de Xuvia dun xeito diferente. Pinceladas e Sabores combina arte, patrimonio e natureza nunha experiencia única á beira do río.

Durante a actividade, as persoas participantes poderán compartir un almorzo mentres deixan voar a súa creatividade nunha sesión de pintura libre desde o peirao do muíño, gozando dunha contorna privilexiada e dunhas vistas únicas á desembocadura do río Xuvia.

Pensada para o público xeral a partir dos 8 anos, e non é necesario ter experiencia previa en pintura. O único imprescindible son as ganas de desconectar, crear e vivir unha mañá diferente nun dos espazos patrimoniais máis singulares da comarca.

A actividade celebrarase os días 11 e 12 de xullo, ás 11:00 horas. As prazas son limitadas, polo que recomendamos realizar a reserva con antelación a través da plataforma de reservas desta páxina web.

Agardámosvos para compartir unha experiencia na que a arte e o patrimonio se unen para descubrir o Muíño de Xuvia desde unha nova perspectiva!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *