Este mes de agosto no CIMIX… viaxamos ao pasado, cos ollos e coas mans, con dous novos obradoiros!
Sabías que a familia Lestache tamén fundou unha fábrica de papel en Xuvia? No obradoiro Fábrica de papel aprenderemos todo sobre o seu funcionamento e a produción de papel durante o século XVIII, poñéndonos mans á obra para facer o noso propio papel reciclado.
Prefires ser un detective do tempo? En Ollo ao cambio xogaremos a emparellar fotografías antigas e actuais do muíño e da súa contorna, e co resultado crearemos un móbil decorativo moi especial!
Ambos obradoiros estarán dispoñibles ao longo de todo o mes. Podes consultar dispoñibilidade, prezos e formalizar a túa reserva a través desta mesma páxina web.
