RESERVAS RESERVAS

COMEZAMOS O VERÁN CON NOVOS OBRADOIROS

Este mes de xullo propoñemos dous obradoiros pensados para público familiar e para todas aquelas persoas con ganas de descubrir o Muíño de Xuvia de maneira activa e creativa.

A primeira opción é “Coas mans na masa”, un obradoiro no que transformaremos ingredientes sinxelos nunha masa caseira coa que crear figuras de pan decorativas. Mentres amasamos, coñecemos como se moía o gran e se facía o pan no antigo muíño e na panadería da familia Lestache.

Se preferides ir ao gran, a vosa opción é “Repicando”, co que nos achegaremos ao funcionamento dos muíños fariñeiros a través da creación dunha réplica en miniatura dunha moa, empregando pasta para modelar. Coñecemos os seus mecanismos e os coidados que requirían para manter o seu elevado nivel de moenda. Unhas actividades perfectas para quen lle guste crear coas mans e entender o patrimonio dende dentro.

Ambos obradoiros estarán dispoñibles durante todo o mes de xullo. Toda a información relativa ás tarifas, horarios e inscricións está dispoñible na sección de reservas desta páxina web.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *