RESERVAS RESERVAS

O verán xa está aquí! Vés desfrutalo ao CIMIX?

Arrinca a axenda de verán no CIMIX!

Desde este sábado, e ata o día 19 de xullo, desfrutarás da exposición dos traballos participantes en Artistas no Muíño. Poderás tamén votar pola túa obra favorita!

Os días 15 e 16 de agosto ás 23:00 poderás visitar o CIMIX durante a Noite no Muíño, un percorrido nocturno que te ofrecerá unha nova perspectiva do conxunto.

Despedimos o verán con Entre Muíños, os días 20 e 21 de setembro ás 12:00, un roteiro polo paseo marítimo de Narón que partirá do Muíño das Aceas e rematará cunha visita guiada ao CIMIX, na que coñecerás a importancia destas dúas fábricas de fariñas no tecido industrial da comarca no século XVIII.

A estas actividades súmanse seis novos obradoiros mensuais: en xullo, Repicando e Coas mans na masa; en agosto, Ollo ao cambio e Fábrica de papel; e en setembro, Salvar a frota e Muíño da Ilustración.

A axenda complétase co habitual horario de visitas guiadas e o escape room Fariña en marcha!. Poderás consultar dispoñibilidade, prezos e formalizar a túa reserva a través desta mesma páxina web!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *