RESERVAS RESERVAS

Concurso de debuxo! Demostra as túas dotes artísticas

Continuamos a nosa andadura poñendo en marcha o noso primeiro concurso de debuxo, una proposta aberta a todos os públicos baixo o título Artistas no Muíño.

As persoas participantes poderán inspirarse na contorna natural e histórica do muíño para realizar as súas creacións artísticas, nas que plasmarán a súa visión persoal do conxunto. As sesións desenvolveranse do 26 ao 29 de xuño nun espazo habilitado na zona do peirao do muíño, desde onde poderán debuxar directamente a paisaxe escollida. A actividade terá un custo de 6 € por persoa, que inclúe os materiais e a entrada para visitar o centro. 

Todas aquelas persoas que o desexen poderán deixar a súa obra para que forme parte da exposición final que terá lugar nas instalación do CIMIX. Os traballos serán sometidos a votación popular, permitindo que as persoas visitantes escollan as súas creacións favoritas. A obra máis votada será proclamada gañadora, e a súa autora ou autor recibirá un premio especial como recoñecemento

Para participar, será necesario inscribirse a través da plataforma de reservas desta páxina web.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *