RESERVAS RESERVAS

Quentamos motores para o verán! Coñece a nosa programación de maio e xuño

Desde o CIMIX preparámonos para a tempada estival cun novo calendario de actividades!

Comezamos esta fin de semana coa visita temática O Arsenal do Rei, con motivo do Día Internacional dos Museos. O percorrido afondará na importancia das industrias fariñeira e panadeira de Narón e a súa contorna, esenciais para o abastecemento da Armada española desde o século XVI. Ademais, durante todo o domingo 18, a entrada ao centro en visita libre será de balde.

Do 26 ao 29 de xuño, celebraremos a primeira edición do noso concurso de debuxo Artistas no Muíño. Poderás votar pola túa obra favorita a partir do 5 de xullo, na exposición que acolleremos no centro.

De venres a domingo, ampliamos a nosa oferta cultural cunha serie de obradoiros mensuais, que da inicio este mes de maio con Entre liñas e Moe que moe, e continuará en xuño con E ti, de quen vés sendo? e Remando polo Xuvia.

Continúa, tamén, a nosa oferta habitual de visitas guiadas e o escape room, Fariña en marcha!. Podes consultar dispoñibilidade, prezos e formalizar a túa reserva a través desta mesma páxina web.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *