O CIMIX presenta a súa nova programación para esta ponte de maio, dúas actividades coas que seguir descubrindo a historia do Muíño de Xuvia.
O día 1, ás 12:00 e ás 17:00, poderedes celebrar o Día Internacional dos Traballadores coa visita guiada especial Traballando no XVIII, un percorrido polo día a día na antiga Real Fábrica de Fariñas de Lestache.
Os días 3 e 4, ás 11:30 e ás 18:00, terá lugar o obradoiro Flores de trigo, onde crearedes vosos propios ramos de espigas de trigo de papel como agasallo polo Día da Nai.
A visita guiada terá un prezo xeral de 5,50 €, e reducido de 4 €, mentres que o obradoiro terá un custo por persoa de 6 €.
Tamén, continuamos coa nosa axenda habitual de visitas guiadas e obradoiros, á que se suma esta ponte o escape room Fariña en marcha!, trala súa gran acollida esta Semana Santa, na que se esgotaron tódalas prazas ofertadas.
Tódalas actividades requiren reserva previa, que poderá facerse a través desta páxina web.

