RESERVAS RESERVAS

Despedimos o verán xuntos? Últimos obradoiros da nosa programación!

No CIMIX despedimos o verán con dous novos obradoiros, que poñen fin á nosa programación estival.

En Salvar a Frota descubrirás todo sobre a frota de Lestache, coa que transportaba as súas fariñas ao estranxeiro, e poderás facelo mentres creas o teu propio taboleiro do xogo Salvar a Frota.

Prefires convertirte nun pensador ilustrado? Muíño da Ilustración é para ti! Neste obradoiro coñecerás a maquinaria da fábrica de fariñas e redactarás un tratado de enxeñería hidráulica, igual que os grandes autores da época!

Ambos obradoiros estarán dispoñibles ao longo de todo o mes. Podes consultar dispoñibilidade, prezos e formalizar a túa reserva a través desta mesma páxina web.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *