RESERVAS RESERVAS

O CIMIX celebra o Día do Pai cun obradoiro familiar

O Centro de Interpretación dos Muíños Industriais de Xuvia (CIMIX) clausura
a súa primeira programación de actividades especiais cun obradoiro
dedicado á celebración do Día do Pai.

Os días 14 e 15 de marzo, as familias
terán a oportunidade de participar en Magnolio Xenealóxico, unha
actividade que combina historia e creatividade. Durante a sesión, as persoas
asistentes elaborarán a súa propia árbore xenealóxica ao tempo que
reconstruen, de maneira colaborativa, a da familia Lestache, promotora do
Muíño de Xuvia e figura clave no desenvolvemento industrial da contorna.

O obradoiro desenvolverase en dúas quendas, ás 11:30h e ás 18:00h, cun
prezo de 6€ por persoa, incluíndo a entrada ao centro. Dado o número
limitado de prazas, é necesario realizar unha reserva previa a través do
correo info@cimixnaron.gal ou chamando ao 624 50 62 26.