RESERVAS RESERVAS

O CIMIX estrea tenda: un espazo para levar a historia contigo

O Centro de Interpretación dos Muíños Industriais de Xuvia (CIMIX) segue a crecer e a ofrecer novas experiencias ás persoas visitantes. Agora, ademais de mergullarse na historia e tradición dos muíños, quen se achegue ao centro poderá levar consigo unha lembranza especial grazas á apertura da súa nova tenda. Este novo espazo ofrece unha coidada selección de produtos únicos e personalizados, inspirados no pasado industrial e muíñeiro da comarca. Entre os artigos dispoñibles destacan a fariña tradicional, imáns, marcapáxinas, cadernos, tote bags, libros e moitos outros produtos exclusivos que foron pensado para trasladar un pedaciño da historia do muíño aos fogares das persoas visitantes. A posta en marcha da tenda non só lles permite  levar un recordo da súa experiencia, senón que tamén contribúe á valorización do patrimonio local, ofrecendo produtos que reflicten o legado cultural e industrial dos Muíños de Xuvia. Ademais dunha oportunidade perfecta para atopar agasallos orixinais cargados de significado!

Con esta iniciativa, o CIMIX reforza o seu compromiso coa conservación e divulgación do patrimonio, converténdose nun espazo no que a tradición e a identidade local se fusionan con novas formas de achegarse á historia e conectar co noso pasado.