RESERVAS RESERVAS

CUMPRIMOS UN ANO! CELEBRÁMOLO XUNTOS?

O Centro de Interpretación dos Muíños Industriais de Xuvia (CIMIX) cumpre un ano desde a súa apertura ao público, e quere celebralo da mellor maneira posible: compartindo esta data tan especial co seu público e coa veciñanza da zona.

O venres 21 de novembro farase un ano desde que o CIMIX abriu as súas portas como espazo de divulgación e posta en valor dun dos enclaves industriais máis emblemáticos de Galicia. Para conmemorar esta data, o centro organiza unha fin de semana especial, cunha proposta aberta á cidadanía.

O sábado 22 de novembro terá lugar unha actividade única: unha visita colaborativa na que os veciños e veciñas da contorna do muíño serán os verdadeiros protagonistas. O percorrido, que comezará ás 11:00 h, combinará unha presentación do persoal do CIMIX sobre o contexto histórico do complexo coa participación das persoas asistentes, que irán compartindo lembranzas, vivencias e coñecementos sobre a historia máis recente do muíño e da súa contorna. A actividade será de balde, e as prazas poden reservarse a través da plataforma de reservas dispoñible na web www.cimixnaron.gal.

Para completar a celebración, o domingo 23 de novembro, coincidindo co Día de Narón, a entrada en visita libre ao centro será gratuíta, ofrecendo unha nova oportunidade para descubrir este espazo que, ao longo deste primeiro ano, se consolidou como un referente na difusión do patrimonio industrial e cultural da comarca.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *