RESERVAS RESERVAS

Nadal no CIMIX: Unha carta rumbo a Oriente!

O Nadal chega ao CIMIX, e este ano querémolo festexar cun obradoiro especial: Rumbo a Oriente!

Do 26 ao 28 de decembro público de tódalas idades poderá deixar voar a súa creatividade deseñando unha carta para os Reis Magos ao estilo do século XVIII. Escribe con pluma e decora e sela a túa correspondencia con lacre, antes de depositala no peirao do muíño, onde será recollida polas Súas Maxestades! A actividade inclúe tamén a creación de adobíos de Nadal inspirados nos motivos xeométricos das moas de muíño.

O obradoiro enmárcase dentro da apertura extraordinaria do CIMIX, que se extenderá do 22 de decembro ao 5 de xaneiro, permanecendo pechado os días 24, 25, 31 de decembro e 1 de xaneiro.

A actividade precisa de reserva previa, que pode realizarse a través desta mesma páxina web!

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *