RESERVAS RESERVAS

Un 250 aniversario con banda sonora: concerto especial no CIMIX!

O CIMIX festexa este Nadal os 250 anos da fundación da Real Fábrica de Fariñas de Lestache, unha efeméride que conmemorará con Notas no salón, un concerto de cámara a cargo da Asociación Musical Sementeira.

A actuación terá lugar o 23 de decembro ás 19:00 horas no antigo salón da vivenda da familia Lestache, un espazo histórico que recuperará para a ocasión a súa atmosfera do século XVIII.

O concerto enmárcase dentro da apertura extraordinaria do CIMIX, que se extenderá do 22 de decembro ao 5 de xaneiro, permanecendo pechado os días 24, 25, 31 de decembro e 1 de xaneiro.

A actividade é de balde, pero precisa de inscrición previa, que pode realizarse a través desta mesma páxina web!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *