RESERVAS RESERVAS

O CIMIX inaugura o 2026 cunha nova programación especial!

O CIMIX estrea nova programación para este primeiro trimestre do ano!

Os días 14 e 15 de febreiro ás 11:30 e ás 18:00 horas festexaremos o Entroido co obradoiro especial Entroido Ilustrado, no que poderás deseñar a túa propia máscara de época mentres aprendes como se celebraba o Carnaval durante o século XVIII. Non esquezas o teu disfrace!

Para conmemorar o Día Internacional da Muller invitámoste a coñecer a historia do muíño contada por María López, muller de Lestache e impulsora, xunto ao seu home, da Real Fábrica de Fariñas, na visita interactiva María Conta. Poderás escoitala os días 7 e 8 de marzo.

Ademais, poderás desfrutar tamén dos nosos obradoiros habituais, Moe que moe e Entre liñas, xunto coa nosa oferta habitual de visitas guiadas e o escape room Fariña en Marcha!

Podes consultar dispoñibilidade, prezos e formalizar a túa reserva a través desta mesma páxina web.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *