O vindeiro mes de agosto volvemos abrir as portas do Muíño de Xuvia nun horario pouco habitual coa celebración dunha nova edición de Noite no Muíño. A través desta visita guiada nocturna, convidámosvos a trasladarvos a unha noite de verán do século XVIII para descubrir como funcionaba un dos complexos...
Almorzo e sesión de pintura no peirao!
Este 11 e 12 de xullo inauguramos a nosa programación especial de verán cunha proposta pensada para gozar do Muíño de Xuvia dun xeito diferente. Pinceladas e Sabores combina arte, patrimonio e natureza nunha experiencia única á beira do río. Durante a actividade, as persoas participantes poderán compartir un almorzo mentres...
Queres vivir un verán diferente?
Este verán convidámosvos a vivir o CIMIX dunha maneira diferente a través dunha programación especial de actividades pensadas para descubrir, crear e gozar do patrimonio industrial de Xuvia. Durante os meses de xullo, agosto e setembro propoñemos novas experiencias para todos os públicos, combinando creatividade, historia e participación nun espazo...



